A Istoria celebrará un torneo de xadrez e un encontro musical

La Voz

RIBADAVIA

Santi M. Amil

As propostas, que serán en outubro, tentarán dinamizar a vida cultural de Ribadavia

24 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A Coordinadora Festa da Istoria desenvolverá no vindeiro mes de outubro dúas actividades, unha vencellada co xadrez e outra coa música. Os actos enmárcanse na celebración dos trinta anos da Festa da Istoria e promóvense como propostas para dinamizar a vida cultural da capital do Ribeiro, máis alá da cita anual que se celebra a final de agosto. A primeira destas actividades desenvolverase o día 6 de outubro, na igrexa da Madalena de Ribadavia, e consistirá na terceira edición do Torneo de Xadrez Festa da Istoria. No mesmo participarán xogadores de toda a comunidade galega, é un campeonanto que puntúa a nivel nacional, e para organizalo contarase coa colaboración do Club de Xadrez de Ourense. A súa cita terá lugar o día 13 e será o segundo Serán da Istoria. Será a partir das 20.00 horas e actuarán na mesma grupos de gaitas, percusión, panderetas e acordeóns.