A Mostra dá protagonismo ao teatro de rúa, á formación de actores e ao grupo Micomicón

La Voz OURENSE / LA VOZ

RIBADAVIA

Santi M. Amil

Pippo Delbono estreou a súa montaxe «La Gioia» no auditorio do Castelo de Ribadavia

17 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Logo dunha intensa fin de semana de estreas -da reposición da Commedia, un xoguete para Goldoni a La gioia- a Mostra de Teatro de Ribadavia afronta unha semana na que entre outras propostas terá un especial protagonismo a formación de actores. A MIT programa cursos cada ano e nesta ocasión cóntase coa presenza de Laia Ripoll para impartir un obradorio. As clases comenzaron onte no Auditorio Manuel María, da Casa da Cultura de Ribadavia, e seguirán pola semana. A Mostra ofrece hoxe dúas propostas escénicas. Dentro da sección Ruadavia está incluida a presenza de Fuman Artist na Praza Maior co seu espectáculo Musicoloco (20.30 horas). No auditorio do castelo, 23.00 horas, ofrece Micomicón Donde el bosque se espesa.