A escenografía actual española reivindícase nunha exposición que se pode visitar en Ribadavia

O comisario da mostra, José Luís Raymond, impartirá unha conferencia na Mostra de Teatro


ourense / la voz

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia vai pechando etapas de cara á celebración da edición 2018. Logo da presentación do cartel e da imaxe da MIT, do programa e de pór en marcha a nova web, onte procedeuse á inauguración dunha exposición que estará aberta ao público na igrexa da Madalena ata o 29 de xullo, coincidindo co festival deste ano -que se celebrará entre o 14 e o 22 de xullo-.

A mostra Tránsito pola escenografía española contemporánea chega á capital do Ribeiro logo de participar na Cuadrienal de Praga. O proxecto, que se pode ver en Ribadavia grazas á colaboración de Acción Cultural Española, pretende dar a coñecer a actualidade da plástica escénica española a través de máis de setecentos espectáculos estreados nos últimos sete anos no noso país e foi comisariada por José Luís Raymond (Portugalete, 1954).

O proxecto Tránsito pola escenografía española contemporánea está estruturado en oito módulos temáticos deseñados polo equipo de arquitectos Zuloark e en cada un deles «analízase un concepto concreto relativo á creación escenográfica recente».

O comisario da exposición participará o 20 de xullo na Mostra escénica da capital do Ribeiro cunha conferencia titulada «Tránsito pola escenografía española» e na mesma José Luís Raymond centrará a súa intervención en explicar cómo a escenografía foi adquirindo nos últimos sete anos un papel destacado dentro da escena contemporánea española e como se apostou pola pescuda de novas formas.

A directora teatral Laila Ripoll impartirá un curso no festival

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) coorganizan un curso de formación para profesionais escénicos que será impartido pola prestixiosa directora teatral Laila Ripoll. Esta actividade desenvolverase en Ribadavia entre os días 14 e 20 de xullo e o prazo de inscrición xa está aberto. A mesma pódese formalizar na web da asociación profesional galega (www.aag.gal).

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A escenografía actual española reivindícase nunha exposición que se pode visitar en Ribadavia