O Arqueolóxico abre as súas portas no Día dos Museos

O Etnolóxico de Ribadavia tamén desenvolve un programa de actividades pola data

.

Días 15, 16 e 18 de maio • Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (Praza Maior) • Gratis. Inscrición, para as actividades que o precisan, no 988 788 439 • Baixo o lema «Museos interconectados. Enfoques novos, públicos novos» celébrase este ano o Día Internacional dos Museos (18 de maio). No caso do Museo Arqueolóxico de Ourense as actividades desenvolveranse no edificio da Praza Maior e comenzan esta tarde coa visita guiada polo que en tempos foi o pazo episcopal da cidade. Para participar nas visitas, haberá tres na semana, é preciso inscribirse ao ser grupos reducidos (máximo 20 persoas). Comeza ás 20.15 horas.

Para mañá está prevista unha nova visita, mesma hora, e comezarán os obradoiros didácticos para nenos. Será a partir das 11.00 horas e propóñense dúas actividades: «Mapear no Mapour» e «Imprimindo o pasado en 3D». O día 18 desenvolveranse tres iniciativas. Ás 11.00 horas nova edición dos obradoiros para rapaces. Ás 12.00 horas haberá a terceira, e última, visita guiada e para tarde (21.00 horas) esta previsto o concerto de Nastasia Zürcher Acoustic Trío. Acceso libre.

Días 18 e 19 maio e 9 e 23 de xuño • 20.30 horas (venres) • Museo Etnolóxico de Ribadavia • Na capital do Ribeiro haberá o venres concerto de Cantaralai e unha visita teatralizada (22.00 horas). Para o sábado ofrécese a posibilidade de participar nun percorrido por varios museos da provincia (Chocolate de Teimende, Olería de Niñodaguia e San Pedro de Rocas). O autobús sairá ás 14.00 horas do Castelo dos Sarmiento. En xuño haberá visitas a outros museos os días 9 e 23.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Arqueolóxico abre as súas portas no Día dos Museos