Ribadavia amosará a exposición «Auda, o sangue da terra»

La Voz

RIBADAVIA

cedida

Concello, Abanda e Afundación asinan un convenio de colaboración en materia cultural

19 feb 2018 . Actualizado a las 18:31 h.

O Concello de Ribadavia, Abanca e Afundación asinaron un covenio de colaboración en base ao cal a capital do Ribeiro acollerá a mostra fotográfica «Auga, o sangue da terra», de Manuel Valcárcel. A colaboración é parte do proxecto Corrente Cultural, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de Abanca, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade. O convenio foi asinado no Concello de Ribadavia polo alcalde, Ignacio Gómez, o coordinador de negocio institucional en Ourense e Lugo de Abanca, Alberto López Sánchez; e a coordinadora institucional para Ourense e Lugo de Afundación, Beatriz Fernández-Anguiano, A mostra fotográfica de Manuel Valcárcel poderase visitar na igrexa da Madalena entre os días 1 e 31 de marzo.