Olladas ao patrimonio da arquitectura popular española

La Voz

RIBADAVIA

Santi M. Amil

A mostra creouse en base aos fondos reunidos durante anos polo arquitecto Carlos Flores

01 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 28 de febreiro • Museo Etnolóxico de Ribadavia • Martes a venres: de 10.00 a 20.00 horas. Sábados e domingos: de 11.00 a 14.30 horas • O Etnolóxico da capital do Ribeiro amosa a exposición «Miradas a la arquitectura popular en España. Colección fotográfica de Carlos Flores». A mostra é un proxecto producido polo Museo Etnográfico de Castilla e León que se creou a partir dunha selección dos orixinais que forman parte do fondo creado polo arquitecto Carlos Flores (Cuenca, 1928) ao longo da súa vida, colección que está formada por máis de 7.000 negativos. A exposición artéllase en base a unha instalación mixta, articulada en cinco seccións temáticas nas que se mesturan proxeccións audiovisuais, fotografías e soporte textual. O proxecto chega agora a Galicia en base a un acordo de colaboración co museo castelán. Carlos Flores é autor da obra «Arquitectura Española Contemporánea» (1961) e contribuiu a consolidar o Movemento Moderno en España.