O Etnolóxico abre o ciclo de cine «Miradas etnográficas»

La Voz

RIBADAVIA

Esta tarde proxéctase «La cour de Babel», dirixida por Julie Bertuccelli en 2014.

03 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 3, 4, 10 e 17 • 20.00 horas • Museo Etnolóxico de Ribadavia • De balde • O museo da capital do Ribeiro abre unha nova edición do ciclo «Cine de outono: miradas etnográficas». O programa inclúe catro sesións e comeza esta tarde coa proxección de «La cour de Babel», dirixida por Julie Bertuccelli en 2014. A cinta refrexa a realidade dunha grupo de rapaces que conviven nunha clase de acollida para aprender francés. Son nenos que chegaron a Francia dende Irlanda, Serbia, Brasil, Tunicia, China ou Senegal. Durante un ano Julie Bertuccelli gravou «as relacións, os conflictos e as alegrías deste grupo de nenos de entre 11 e 15 anos». O ciclo complétase co pase de «El tren de la memoria» (día 4), «Babai» (10) e «Miss Ledya» e «Galicia y Buenos Aires», o día 17.