Chega «O conto de inverno», obra coproducida pola MIT

La Voz

RIBADAVIA

Paulo Pacheco

O espectáculo pode verse esta noite no Auditorio Rubén García

20 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 e 23.00 horas • Auditorio Manuel María (Casa da Cultura) e Auditorio Rubén García • 7 euros • A MIT ofrece hoxe dúas propostas ben diferenciadas, que se enmarcan en liñas de traballo definidas pola Mostra de Ribadavia dende hai un tempo: o apoio aos novos creadores e a participación en proxectos de produción de novas montaxes. Na primeira faceta inclúese a estrea absoluta de «Todo sobre Eva», texto que se levou o Premio Abrente 2016 e que chega da man do galegos Colectivo Gravidade 0.0. O texto de Xandra Táboas poderase ver na Casa da Cultura na montaxe dirixida por Diana Mera e interpretada por Andrea Dunia Díaz, Lucía Hernández e Paula Pier. A sesión da noite está protagonizada polo espectáculo «O conto de inverno», un proxecto galego-portugués no que participan Teatro Oficina, CCVF, Centro Dramático Galego, Teatro Aveirense e a MIT de Ribadavia. Marcos Barbosa foi o encargado de dirixir esta montaxe sobre o texto de Shakespeare que interpretan Alheli Guerrero, Anabela Faustino, Carolina Amaral, Xose Barato, Ivo Alexandre, Marcos Barbosa, Marta Pazos y Santi Cuquejo. A crítica referiuse ao traballo de Barbosa como un «perfecto entendemento» no que unha peza escrita hai máis de catrocentos anos se adapta con sensibilidade aos tempos modernos.