Favorable acollida á obra escénica de Paco Pixiñas

La Voz

RIBADAVIA

No disponible

En 1977 a montaxe sobre a obra de Celso Emilio Ferreiro pasaba por varios certames de Galicia

19 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Asinado por A. R. C. La Voz de Galicia publicaba un artigo coa referencia de «Teatro Galego» que se centraba na montaxe realizada polo grupo O Facho sobre un texto de Celso Emilio Ferreiro. No texto titulado «Arredor de ‘Paco Pixiñas e a nave espacial’» o seu autor recoñecía que cando os promotores da adaptación da obra do celanovense, con ilustracións de Díaz Pardo e publicada por Edicións do Castro, leron o proxecto de levar a escena o texto comentou que a empresa era moi cobizosa e nada doada. Pasado o tempo, e xa con varias representacións desenvolvidas en varios certames, «a nosa opinión a prol da representación foi fortemente superada». A tempada abriuse en Ribadavia, onde O Facho acudiu con «Paco Pixiñas e a nace espacial» baixo a dirección de X. M. Rabón, e seguiu pola Mostra de Vigo. «O espectáculo teatral tivo unha quente e favorábel acollida», salientaba o autor do artigo, e tras pasar por Mugardos e Pontevedra estaba pendente a data para a estrea en A Coruña.