A MIT reforza a súa aposta pola presenza internacional

La Voz OURENSE / LA VOZ

RIBADAVIA

Santi M. Amil

Inclúe obras de Reino Unido, Grecia, Alemania e Francia

17 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia incrementa este ano a súa aposta pola internacionalización e os espectadores da MIT 2017 poderán disfrutar de montaxes chegados de países como Reino Unido, Grecia, Alemaña, Francia, Portugal ou Lituania. Unha oferta que se complementará coas producións máis recentes do panorama escénico do Estado e o especial protagonismo que se lle dará ao teatro galego e aos proxectos nos que participa a propia Mostra.

O programa foi presentado onte nunha festa que se desenvolveu no auditorio do castelo de Ribadavia e na mesma participaron o director do certame, Roberto Pascual, os representantes de Agadic e Cultura, Jacobo Sutil e Anxo Lorenzo, o diputado provincial Manuel Doval e os representantes do Concello, o alcalde Ignacio Gómez e a concelleira María Touza.

De Valle-Inclán a Nekrosius

A MIT 2017 dará protagonismo ao teatro de Valle-Inclán en galego e haberá unha sesión especial para conmemorar os trinta anos de Chévere. En Ribadavia poderán verse montaxes de figuras fundamentais da escena contemporánea actual -como Suzanne Andrade do Reino Unido ou Eimuntas Nekrosius de Lituania-, estreas como as do novo proxecto

Comedias

, de Teatro de la Ciudad en colaboración con La Abadía, ou coñecer o traballo do dramaturgo Alfredo Sanzol. Ademais de poder disfrutar da súa montaxe

La ternura

, Sanzol impartirá un curso na MIT.

A mostra inaugurarase coa obra

Golem

, da aclamada directora Suzanne Andrade.