Lembranza para Manuel María e as Irmandades da Fala ao abrir a MIT

La Voz

RIBADAVIA

Santi M. Amil

As actrices Belén Constenla e Mabel Rivera recibiron o premio Roberto Vidal Bolaño

17 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A MIT 2016 abriu as súas actividades cunha xornada chea de lembranzas, apostas de futuro e a reivindicación dunha realidade que poñía en palabras Roberto Pascual, o seu director: «Somos moitas as persoas que nos sentimos congregadas e arroupadas por un festival nai ao que sempre se volve». Tivo palabras de recordo para José Monleón, falecido hai uns días, e lembrou que a figura do director da revista Primer Acto era ben coñecida en Ribadavia, dende os tempos de Abrente aos máis recentes. Tamén se referiu ao outro protagonista da cita, a Manuel María, e ás Irmandades da Fala. Vencellou á MIT co espíritu europeista e reivindicativo das mesmas.

As actividades da Mostra comenzaron dando cumprimento do acordo municipal que lle diu o nome de Manuel María ao auditorio da Casa da Cultura. Unha praca lembrando esa decisión e un mural realizado polo artista Mon sos as referencias que dende onte amosa o edificio cultural. A viúva de Manuel María, Saleta Goy, agradeceu a homenaxe ao escritor ao que este ano se lle adican as Letras Galegas e lembrou as viaxes que facían a Ribadavia nos tempos de Abrente e dos festivais de hai anos.

As outras protagonistas foron Mabel Rivera e Belén Constenla, que recibiron os seus premios Vidal Bolaño. O galardón recoñeceu a súa adicación e compromiso co teatro e o seu protagonismo na escena galega.

Teatro de rúa e foro

Logo da inaguración oficial, dos actos protocolarios e das primeiras representacións, chega unha xornada cargada de propostas. Na Casa da Cultura están ás 20.00 horas La Maquiné e ABAO coa montaxe El pájaro prodigioso. O teatro de rúa pasará pola Alameda co espectáculo Gritando sin hacer ruido ?os franceses de Yifan actuarán ás 21.00 horas?. A cita do auditorio do castelo chega da man do grupo Atalaya e a súa montaxe Madre Coraje ?a partir das 23.00 horas?. Logo da representación haberá un foro sobre a obra.