Manuel María e Vidal Bolaño para abrir a MIT de Ribadavia

La Voz

RIBADAVIA

. marcos creo< / span>

Dende hoxe, e ata o día 24, a capital do Ribeiro será o punto de encontro do sector en Galicia

16 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia abre as súas actividades e faino cunha xornada marcada por nomes propios da literatura e o teatro galegos. Ás 20.00 horas daráselle o nome de Manuel María ao auditorio do castelo e, no mesmo, está prevista para ás 20.30 horas a entrega do Premio Roberto Vidal Bolaño ao mérito nas artes escénicas a dúas coñecidas actrices galegas: Belén Constenla e Mabel Rivera.

O primeiro dos espectáculos da MIT 2016 chegará da man da compañía francesa Yifán. A súa montaxe «Flux» poderase ver na Praza Maior de Ribadavia a partir das 21.00 horas.

No Auditorio Manuel María estará Lazona e CDN coa súa montaxe «La piedra oscura». A obra comeza ás 23.00 horas e ao rematar haberá un coloquio coa compañía.