Ourense: Nova edición de «Val de Ramirás» de Anxo Angueira
A publicación incorpora tres poemas máis do artista galego
La Voz de Galicia
Ourense
O primeiro poemario de Anxo Angueira, «Val de Ramirás» (1989), unha obra moi vinculada á Terra de Celanova, volver a ver a luz grazas a unha nova edición enriquecida. O libro atopábase esgotado, explica o editor desta segunda edición, Xoán Carlos Domínguez Alberte, quen escribiu a introdución; a edición incorpora un apéndice con tres poemas máis de Anxo Angueira, que se publicaron posteriormente en senllos libriños relacionados con Celanova, e fotografías realizadas por Baldo Ramos na zona de Ramirás, onde viviu o autor cando tivo o seu primeiro destino como profesor no instituto Celso Emilio Ferreiro de Celanova. A segunda edición, que sae cunha tirada de 250 exemplares, xa se atopa a venda.
También en La Voz
La inmunidad de grupo se aleja hasta el otoño por los problemas en los suministros de las vacunas
La Voz de Galicia
Melchor Sáiz-Pardo
A Rogelia la enterraron oficialmente hace 10 días y ayer apareció viva en Xove
La Voz de Galicia
m. a. sande corral
Comentarios