Muiñeiras e clases de gaita por Whatsapp

RAMIRÁS

Grupo de música e danza popular Rebulir
Grupo de música e danza popular Rebulir Cedidas

A asociación cultural Rebulir mantén a actividade con clases a distancia de baile e música galega

17 abr 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Os pasos da muiñeira tamén se poden practicar a distancia, e os toques de gaita, de pandeireta ou de acordeón. A alerta sanitaria parou moitas cousas, entre elas os ensaios grupais que, dende o ano 2005, desenvolve en Ramirás a asociación cultural Rebulir, adicada á música e á danza tradicionais galegas. Pero a situación do estado de alarma non frea «o avance lectivo nas diferentes disciplinas», tal e como sinala Alexandre Sotelino, profesor e director do Festival Internacional Rebulir. Mestres e alumnos están en contacto a través de aulas virtuais e tamén a través de grupos de Whatsapp, creados en torno ás idades e ás disciplinas (baile, gaita, percursion, acordeón e pandeireta), onde se lles mandan os vídeos para que poidan seguir avanzando. A iniciativa tivo boa aceptación entre os pequenos e as súas familias. Tanto que non dubidaron en gravarse un anaquiño dos ensaios na súa casa co cal a asociación montou un vídeo.