Rebulir dedica o seu festival internacional aos doantes

La Voz

RAMIRÁS

Alberte Paz Garza

Na cita de Ramirás deste ano participan grupos de toda a península, México e Guinea

21 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o domingo • Todo o día • Ramirás, Ourense e Celanova • O Festival Internacional Rebulir (FIR) comezou onte as súas actividades e desenvolverá un amplo programa de iniciativas ata o domingo. Este ano o certame apoia a actividade que se está a realizar por parte de Ados (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue) e no apartado de premios recoñece o traballo de Guadi Galego (música), Carlos Blanco (artes escénicas) e a Romaría Raigame (premio de homenaxe). O director artístico do FIR, Alexandre Sotelino, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, a directora xeral de Ados, Marisa López, e o alcalde de Ramirás, Juan Carlos Rodríguez, participaron na presentación do festival.

 

 

Citas para hoxe

O programa do día comeza ás 11.30 horas, cun obradoiro que será impartido baixo o lema «#latexandotradición, con Ados» no colexio Rogelio García Yáñez e na escola O Viso de Ramirás. Ás 20.30 horas haberá actuación do grupo da Comunidade Valenciana polas rúas de Celanova.