Guadi Galego, Carlos Blanco e Raigame, premios Rebulir

La Voz OURENSE / LA VOZ

RAMIRÁS

El jurado se reunió en Ourense
El jurado se reunió en Ourense Agostiño Iglesias

A entrega terá lugar o 22 de decembro en Ramirás

31 jul 2018 . Actualizado a las 17:17 h.

Guadi Galego na categoría de música e Carlos Blanco na de artes escénicas foron os nomes escollidos para recibir os premios Rebulir da Cultura Galega, que promove o festival de Ramirás. Xunto a eles, tamén será recoñecida a romaría Rebulir, escollida polo xurado para o premio homenaxe. A entrega terá lugar o 22 de decembro, no marco da gala central do festival. O xurado estivo formado por Sandra González, presidenta da asociación cultural Rebulir; Alexandre Sotelino, director artístico do festival; o alcalde, Juan Carlos Rodríguez; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; a directora administrativa do festival, Susana Durán e o profesor Xosé M. Cid.