Na morte dun poeta e militante nacionalista

Pesar polo pasamento de Lois Antón Pérez


ourense / lA voz

O venres faleceu Lois Antón Pérez en Celanova. Poeta e nacionalista comprometido, estivera na emigración fortalecendo o seu compromiso coa terra e chegando a ser un referente do BNG a nivel galego. Natural de Escudeiros (Ramirás) -onde nacera en 1931- pasou os seus últimos días na vila de San Rosendo onde aínda se lle podía ver pasear esta mesma semana. Marchou sen avisar, como bo e xeneroso que era. De formación autodidacta, escribiu teatro e poesía para adultos e nenos e colaboraba con diversas causas sociais e contra a represión. Recibiu o ano pasado o premio Rebulir na súa terra. Ata o velorio en Vilavidal achegáronse numerosas persoas -que destacaron a súa calidade humana- para despedilo.

Pesar en Celanova

Lois Antón Pérez foi autor de Pequeno poemario para xente pequena, A máis fermosa roseira. Cantigas para a escola ou Vellos e novos cantares. Regueifase desafíos. No 2009 editouse Voz da terra, arela do pobo, un libro colectivo de homenaxe que publicou a Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás. A Fundación Curros fixo público o seu pésame polo pasamento.

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Na morte dun poeta e militante nacionalista