A Saínza revive unha cita con 175 anos de historia

En Rairiz de Veiga represéntase o combate entre mouros e cristiáns


Hoxe • 13.00 horas • A Saínza (Rairiz de Veiga) • En Rairiz de Veiga están a celebrar dende o venres a Romería da Saínza. Una cita anual que ten na xornada de hoxe a súa principal actividade: a recreación do combate entre os mouros e os cristiáns. A tradición de celebrar a batalla entre ambos bandos conta cunha ampla historia: está acreditada dende o ano 1840 a cita anual na que os veciños, vestidos con traxes de época, representaban este combate e que o mesmo atraía, xa daquela, a numerosos visitantes. Só se suspendeu a celebración nos tres anos da Guerra Civil, o que fai que hoxe se celebre a súa edición número 175, aínda que se creara a actividade hai 178 anos. O combate está declarado como festa de interese turístico e ás actividades comezan ás 11.00 horas.

 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A Saínza revive unha cita con 175 anos de historia