«Esta é unha experiencia que te enche, axúdate a realizarte»

La Voz

RAIRIZ DE VEIGA

JAVIER ARCE RODRÍGUEZ, A PIQUES DE SER ORDENADO

16 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

Xavier Arce Rodríguez está acabando os estudios eclesiásticos. É de Rairiz de Veiga. A súa experiencia remóntase a sexto de EXB no Seminario Menor: «Había rapaces do meu pobo, e ó chegar a segundo de BUP escollín letras e viñen para o Maior a facer letras e COU. Ese ano non me resultou moi alá porque tiven que repetir e me replantexei as cousas doutro xeito. Vin que Deus podíame chamar por este camiño e decidín comezar os estudios para crego. Levo seis anos e en liñas xerais moi ben. Esta é unha experiencia que te enche, axúdate a realizarte. Ó chegar ó pobo para os xovenes era un bicho raro. A xentiña maior valoraba esta miña decisión. Despois notei un cambio nos amigos, a amistade nunca se perdeu. Acabaron entendendo o meu camiño». O 20 de marzo será ordenado diácono e en octubre irá para unha parroquia como tal. Para xuño do 2005 será ordenado crego. Disfruta co fútbol, as novas tecnoloxías e coas novelas. As materias que máis lle sorprenderon foron as que tratan sobre as escrituras «porque indican como se escribiu a Biblia e descobres aspectos da palabra de Deus».