Agradecemento aos que «nos criaron, viviron e morreron en galego»

QUINTELA DE LEIRADO

FB

Quintela de Leirado colabora coa Asociación de Funcionarios para a Normativización Lingüística, que promove a recuperación das antigas mandas testamentais coa orientación de encomendar o mantemento da lingua e da cultura galegas

29 oct 2019 . Actualizado a las 13:52 h.

Na igrexa de san Pedro de Leirado celebrouse este domingo un acto en recordo das persoas maiores que viviron en galego e transmitiron a lingua aos seus descendentes. O Concello de Quintela de Leirado colaborou deste xeito coa Asociación de Funcionarios para a Normativización Lingüística. No acto falaron Pablo Pérez, concelleiro en Quintela de Leirado e deputado provincial, e Antonio Piñeiro, membro da asociación, e leuse un poema de Rosalía de Castro.

Ademais dos discursos no interior da igrexia, fóra descobriuse unha praca de agradecemento «aos maiores porque nos criaron, viviron e morreron en galego».

Esta asociación ten, dentro das súas accións, a publicación dunha colección de libros, «En galego, agora e sempre», na que recollen modelos de mandas testamentarias, utilizadas hai séculos nos protocolos notariais, e nas que os testadores impoñían unha serie de obrigas, normalmente de carácter pío, aos seus herdeiros. Esta asociación propón modelos de mandas testamentarias específicas cunha nova orientación: deixar a lingua en herdanza e encomendar os beneficiarios que defendan o patrimonio cultural e lingüístico como legado inmaterial a conservar no futuro.