Piden información sobre a desaparición da Fundación Benigno Quiroga de Punxín

La Voz

PUNXÍN

cedida

Compromiso por Galicia solicitou a intervención do Valedor do Pobo

25 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O portavoz de Compromiso por Galicia en Punxín, de Eladio Fernández, solicita á Consellería de Educación que de conta das causas da desaparición da Fundación Benigno Quiroga da localidade, tras acudir o Valedor do Pobo ante o silencio, afirma, do Goberno municipal. «Esta nova acción desenrólase en defensa dos dereitos dos cidadáns, e serve para estreitar o cerco a un proceso de extinción que dista moito de ser aclarado por as administracións. Proba deso é a negativa da Consellería a responder a solicitude do informe que pide o Valedor do Pobo, tal como se desprende da comunicación emitida o 16/02/2021 por o propio Valedora, Dona Mª Dolores Fernández Galindo», sinala.