Un sevillano sen vínculos con Galicia gaña o premio de relatos en galego de Parada de Sil

La Voz O BARCO

PARADA DE SIL

Manuel Alejandro Rodríguez con Aquilino Domínguez.
Manuel Alejandro Rodríguez con Aquilino Domínguez.

O autor viaxou ata a Ribeira Sacra para recoller o premio

18 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O sevillano Manuel Alejandro Rodríguez Acosta gañou o concurso de microrrelatos de Parada de Sil na súa categoría en galego. E coincidindo co Día das Letras, o autor viaxou ata a Ribeira Sacra para recoller o seu premio. Fíxoo acompañado da súa familia. No acto de entrega, deu lectura ao trablalo gañador, que foi moi aplaudido polo público asistente. Explicou entón que el ningún vínculo ten con Galicia, que buscando moito o máis cerca sería un avó nacido en Puebla de Sanabria (Zamora). En todo caso, contou que descubriu o galego e entroulle o desexo de coñecelo. 

O alcalde, Aquilino Domínguez, felicitouno polo seu «magnífico manexo do idioma», despois de que Rodríguez fixera o seu agradecemento en galego.

Quen non acudiu ata Parada de Sil foi Patricia Sánchez Ramos. A canaria resultou gañadora na categoría en castelán, que a través dun vídeo de agradecemento lamentou non poder asistir debido á distancia.