O camposanto de santa Mariña loce unha placa agradecendo aos que alí están ter axudado a manter a lingua viva
21 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Parada de Sil sumouse á campaña de galeguizar os cemiterios que ten en marcha a Asociación de Funcionarios de Normalización Lingüística, elixindo para elo o camposanto de Santa Mariña.
O delegado da asociación, Alberto Delgado, enxalzou a figura do artesán autodidacta Xosé Campos, autor do belén xigante instalado de maneira permanente na capela de San Ramón en Parada, entre outras obras. Foi unha persoa que sempre utilizou o galego e que tanto a asociación presidida por Xosé González, que escusou a súa presenza, como o alcalde, Aquilino Domínguez, consideraron merecedora da frase que para sempre estará na súa nova lápida: «A súa vida foi unha obra de arte galega». Tamén se colocou unha placa na parede do cemiterio, descuberta polo alcalde, que explícita o agradecemento a todas as persoas alí enterradas que axudaron a manter vivo o idioma. Delgado e Domínguez animaron aos presentes a colocar as lápidas en galego.