A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e o Concello renderon homenaxe ao labrego e carpinteiro José Campo, que xa ten a súa lápida mortuoria en galego
20 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística celebrou, na igrexa de Parada de Sil, un acto de memoria da lingua. En colaboración co Concello, rendeuse homenaxe ao labrego, carpinteiro e artesán José Campo, falecido no 2013. Substituíron a súa lápida en castelán por outra en galego co epitafio: «A súa vida foi unha obra de arte galega». Esta mesma asociación xa promoveu, hai uns meses, un acto semellante no camposanto de Bande, onde se descubriu o epitafio familiar en galego do panteón familiar do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices.