Parada de Sil homenaxea ao grupo Aqua Música polas Letras Galegas

La Voz OURENSE

PARADA DE SIL

Celebración en Parada de Sil polas Letras Galegas.
Celebración en Parada de Sil polas Letras Galegas. CEDIDA

Un mallorquín ganou o primeiro premio de microrrelatos da localidade

15 may 2022 . Actualizado a las 13:18 h.

O Concello de Parada de Sil celebra tradicionalmente unha xornada con motivo do Día das Letras Galegas no que se homenaxea a unha persoa ou colectivo que se teña distinguido por contribuír ao desenrolo socioeconómico ou cultural da localidade. Neste caso, a honra foi para o grupo coral Aqua Música, presidido por Antonio Fernández e dirixido por Maricarmen González Álvarez, ambos vencellados a Parada de Sil, e que se encargan da organización do certame anual de música coral.

Ademais, no acto entregáronse os premios do concurso de microrrelatos organizado polo Concello. O ganador foi o mallorquín Antonio Tocornal, que non puido asistir.