Parada de Sil recupera o muíño dos Carrís

La Voz O BARCO

PARADA DE SIL

O concello quere poñelo a funcionar no verán

12 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Parada de Sil recuperou o muíño dos Carrís, situado cerca do pobo do Coutiño. Foi posible grazas á colaboración entre a familiar Zenón Rodicio e o concello. Ten a particularidade de ser un muíño de cubo, de xeito que este cubo permite acumular auga e aumentar a presión sobre o rodicio aínda que haxa pouco caudal no regato de abastecemento, explica o alcalde, Aquilino Domínguez. En xullo e agosto porase a funcionar para mostrar como era a moenda de centeo e millo.