O GDR Sil-Bibei-Navea recibe 400.000 euros de Agader

La Voz

PARADA DE SIL

Agostiño Iglesias

Neste grupo pode integrarse calquera entidade que desexe participar na dinamización e desenvolvemento desta zona

31 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé, reuniuse por videoconferencia con representantes do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil-Bibei-Navea, aos que comunicou que a Xunta destinará máis de 400.000 euros deica o ano 2022 para apoiar a súa labor. Este é o encargado da planificación dos proxectos que se levan a cabo no marco da medida Leader no ámbito dos municipios ourensáns de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Neste grupo pode integrarse calquera entidade que desexe participar na dinamización e desenvolvemento desta zona caracterizada polos seus relevos montañosos e a súa extensa rede fluvial e que cumpra cunha serie de requisitos para facerse membro.