A Xunta destina 1,6 millóns á mellora de estradas na provincia

As actuación reforzarán tramos de Paderne de Allariz, Maceda, Baños de Molgas, Taboadela, San Cibrao das Viñas, Padrenda, Beade, Leiro, Cenlle, O Carballiño e Maside


A Xunta sacará a licitación os proxectos de mellora de varias estradas de titularidade autonómica que beneficiarán a circulación en varios municipios da provincia. En conxunto as obras a realizar suman un investimento de máis de 1,6 millóns de euros e a delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo unha xuntanza cos alcaldes de varios dos concellos beneficiarios para informarlos das actuacións a desenvolver. As estradas nas que se actuará son a OU-102, OU-03, OU-104, OU-320, OU-504 e OU-801 e os tramos a mellorar corresponden aos términos municipais de Paderne de Allariz, Maceda, Baños de Molgas, Taboadela, San Cibrao das Viñas, Padrenda, Beade, Leiro, Cenlle, O Carballiño e Maside. Segundo indicou Díaz Mouteira «este proxecto ten por obxecto a rehabilitación do firme en puntos localizados mediante solucións baseadas no fresado e reposición ou extensión de microaglomerados, segundo as necesidades de cada subtreito, mellora da drenaxe e reposición de sinais horizontais e de elementos de balizamento». O prazo de execución dos proxectos é de 6 meses.

En relación ao estado das estradas da provincia de Ourense tamén se posicionou onte Ciudadanos, ao preguntar ao Goberno polo estado no que se atopan os viais da provincia. En concreto, citan dende Ciudadanos o empeoramento que se ten producido en tramos da N-541 e da N-120 dende o ano 2015.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Xunta destina 1,6 millóns á mellora de estradas na provincia