Alumnos de Franciscanas de Ourense recollen 60 quilos de lixo na praia da Antena

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

Estudiantes del colegio Divina Pastora posan durante la recogida de desperdicios.
Estudiantes del colegio Divina Pastora posan durante la recogida de desperdicios. Miguel Villar

«Sempre están entusiasmados con cada saída que facemos», explica Gonzalo Sánchez, titor ambiental do centro

05 oct 2026 . Actualizado a las 14:12 h.

Os Ecovixilantes do colexio Divina Pastora, Franciscanas de Ourense, levaron a cabo unha limpeza de río na praia da Antena. O grupo, referente no programa e con 28 anos de traxectoria en Voz Natura, xa realizou anteriormente a recollida de botellas de plástico e a limpeza de cabichas nas rúas da cidade.«Sempre están entusiasmados con cada saída que facemos. Eles agardan atopar moita lixo porque o ven como algo divertido, pero non saben que todo está máis limpo que en épocas anteriores», explica Gonzalo Sánchez, titor ambiental do centro. En total, recolleron 60 quilos de lixo durante a xornada, antes de se protexer baixo a Ponte Romana pola choiva.

Esta actividade enmárcase en Voz Natura, o programa de educación medioambiental de La Voz de Galicia que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.