O vilagarcián Martín Fernández, no quinteto ideal da Primera FEB

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

<span lang= gl >Martín Fernández, durante un partido contra o Monbus Obradoiro da tempada pasada</span>
Martín Fernández, durante un partido contra o Monbus Obradoiro da tempada pasada Xoán A. Soler

O escolta segue a liña da súa sobresaínte pretempada na estrea de Liga co COB de Ourense

29 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O escolta vilagarcián Martín Fernández vén de comezar con forza a súa terceira campaña na Primera FEB nas filas do Club Ourense Baloncesto, único equipo galego na categoría tras os ascensos do Obra e do Leyma Coruña. Logo dunha sobresaínte pretempada, con 17 puntos de media en cinco partidos de preparación, o arousán foi a pasada fin de semana determinante na estrea triunfal na Liga do COB, 91-71 contra o Tizona Burgos. Tanto é así, que gañou a entrada no quinteto ideal da xornada. Os seus méritos: 23 puntos anotados, con 2 de 2 en triplos, 3 rebotes, 2 asistencias e 2 recuperacións para un total de 30 créditos de valoración en 23 minutos en pista e un impacto e +-26.

Só Fran Guerra, o pívot internacional flamante fichaxe do Gran Canaria no seu empeño por tentar volver á Liga Endesa pola vía rápida, mellorou a actuación de Martín Fernández, con 34 créditos. Completaron o quinteto ideal da primeira xornada o base do Estudiantes Micah Speight, o aleiro do Gran Canaria Joe Cremo e o á-pívot do Palencia Josip Vrankic.