Os maios pelexaron contra a choiva e as coplas repasaron a actualidade internacional e local
OURENSE CIUDAD
Una construción que recrea a escultura «O anxo caído», situada no parque de San Lázaro, levou o primeiro premio na categoría artística
03 may 2026 . Actualizado a las 20:29 h.A choiva quixo estropear a festa ca que se celebra en Ourense a primaveira, pero non o conseguiu. Ou, alomenos, non de todo. As carpas instaladas na praza Maior e en Santa Eufemia -tamén os soportais- permitiron que os maios non afogaran e que os veciños gozaran da creatividade e o enxeño das agrupacións que participaban no concurso. Había apostas tradicionais, outas máis innovadoras e tamén algunhas que semellaban máis manualidades que estructuras naturais, pero todas foros ben recibidas por aqueles que gustan de pór en valor unha tradición que, en tempos, concentraba a milleiros de personas na cidade.
A crítica social implicou alusións á situación de Palestina e también ó rumbo tomado por Donald Trump. Nenos de diferentes colexios empregaron os seus cantos e as súas rimas para pronunciar o seu particular «Non á guerra». Pero se de algo están pendentes os aficionados ás coplas é das cuestións máis locais. E esas nunca fallan: desde as queixas dos veciños de Valle Inclán pola reapertura dunha discoteca ós impagos a traballadores municipais por parte do Concello pasando polo fiasco das obras da avenida de Portugal ou as queixas polos cambios nas liñas do bus urbano. Algunas desas críticas tiñan perfil político -como as da agrupación socialista- mentres outras viñan de entidades sociais, culturais ou deportivas. «Non é de bo alcalde / as rúas en construcción / só rematan as obras / se se achega a votación», cantaba un grupo.
Os premios
No apartado de mellor maio artístico (persoas adultas), o primeiro premio recaeu en Óscar López González, pola obra O anxo caído, seguido da Asociación Cultural Os Lolailos con A ponte romana e do Club Hóckey Albor, que ata montou una construcción (a maiores da principal) con sticks. Na categoría de mellor maio enxebre, o primeiro premio foi para a Asociación Cultural Amigos da Pita, mentres que o segundo e o terceiro posto foron para Andén Primeiro e a A Galleira, respectivamente. No referente aos maios infantís, o Sagrado Corazón de Celanova obtivo o primeiro premio, seguido da asociación de familias Pia da Casca do colexio As Mercedes e do Irmáns Villar. Pola súa parte, o premio ao maio creativo foi para a Asociación Recreativa e Cultural Andén Primeiro. Esta agrupación acumulou aínda máis recoñecementos, pois levou o primeiro premio no apartado de coplas de adultos, seguido da asociación de familias do Manuel Sueiro e de Miguel Anxo González Padilla. En coplas infantís, o primeiro posto foi para Pia da Casca do CEIP As Mercedes, o segundo para o Irmáns Villar e o terceiro para o Sagrado Corazón de Celanova.