A provincia celebrará o Mes do Orgullo con obradoiros, charlas e cine

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

Presentación de las actividades del Dia del Orgullo en Ourense
Presentación de las actividades del Dia del Orgullo en Ourense C. A.

As actividades comezarán na capital o 11 de xuño cun Maripicnic por Palestina

08 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Varias localidades ourensáns prepáranse para celebrar o mes do Orgullo LGTBQIA+.

A Asamblea aberta do Orgulho de Ourense xa ten todo preparado para unha edición que terá a Palestina coma protagonista. O calendario de actividades comeza o mércores 11 de xuño cun Maripicnic por Palestina no Canastro da Ponte Romana. O día 14, o programa continúa cun obradoiro drag e desfile de criaturas, seguido de monólogos cómicos, a cargo de Ela lo Menea e O Rabelo. O 15 de xuño terá lugar unha ofrenda floral a Blanco Amor no cemiterio de San Francisco; e presentarse o libro «Insubmisión ambigua», con Anxela Lema e Ana M. Amigo. O 19 de xuño está prevista a actividade «First Date Non Monógamo», que busca explorar modelos alternativos de relación afectiva. A programación inclúe tamén actividades para o público infantil. O xoves 26 de xuño, na Biblioteca Pública, ofrecerase o contacontos «Clover: Unha porquiña diferente», seguido dun obradoiro sobre corporalidades diversas. O venres 27 de xuño será unha das xornadas máis destacadas, coa celebración do segundo Festival Orgullo entre muros, un evento pechado no Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar. Pola noite, a partir das 20.00 horas, terá lugar unha manifestación na Praza Bispo Cesáreo.

Finalmente, o 4 de xullo, presentarase o libro «Vidas e Historias LGTBI na Idade Media», do escritor e investigador Carlos Callón.

O Concello de Ribadavia, a través da OMIX e en colaboración coa Taberna Treixadura, o Bar Kopa, a Cruz Vermella pon en marcha unha programación especial que se desenvolverá ó longo do mes de xuño. O cartel de actividades arranca hoxe coa proxección da película «Hedwig and the Angry Inch», na Praza de Abastos, ás 19.00 horas. O sábado terá lugar unha acción participativa de decoración urbana desde a Taberna Treixadura.