O campus de Ourense firma cinco contratos para crear novas tecnoloxías aeroespaciais

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

Os investigadores traballarán en aspectos como a comunicación entre satélites
Os investigadores traballarán en aspectos como a comunicación entre satélites

Os proxectos desenvolveranse con sete empresas do sector e neles traballarán membros das Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo

20 may 2025 . Actualizado a las 19:08 h.

A Universidade de Vigo participará no desenvolvemento de cinco proxectos de innovación de tecnoloxía aeroespacial en colaboración con empresas do sector que achegarán 1,5 millóns de euros. Para elo firmaranse oito contratos, dos que cinco van a implicar ao campus de Ourense, e máis concretamente á Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo, e os outros tres ao de Vigo, no que participarán os grupos atlanTTic de Tecnoloxías Aeroespaciais e SC7 Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas, e ao de Enxeñería de Equipos Electrónicos da Escola de Enxeñería Industrial. Na parte empresarial están compañías como Airbus, Indra Sistemas, GMV Aerospace and Defence ou a galega Alén Space, que naceu precisamente na propia Universidade de Vigo.

Os traballos de investigacións desenvolveranse no marco do Programa Tecnolóxico Espacial promovido polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades . Os proxectos nos que se involucrará o persoal da UVigo tocarán distintos campos, dende o das comunicacións entre satélites de órbita baixa, a configuración de cargas en plataformas de grande altitude, os usos innovadores das constelacións de satélites ou a vixilancia na loita contra os incendios.

Para a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, estes contratos son «unha mostra da excelencia dos nosos grupos de investigación».