
O humorista galego actúa este domingo no Auditorio da cidade
10 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Día 11 • 19.00 horas • Auditorio de Ourense • Dende 19,80 euros • Touriñán regresa á provincia coa súa última montaxe, na que conta as historias en clave persoal e partindo das súas propias vivencias. O cómico galego xa estivo con «Aquí Tou!» no mosteiro de Celanova —no pasado mes de xullo— e agora trae o seu espectáculo ao Auditorio de Ourense.
Nesta nova proposta escénica o monologuista fai un percorrido pola súa vida «dende súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital co que, como galegos, nos sentimos identificados». Nesta nova obra o cómico mestura realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias con historias da cultura popular galego.
Touriñan non propón unha visión ideal do seu percorrido vital e no monólogo fai referencia tanto ás boas como ás malas decisións que foi adoptando na súa vida. As mesmas que, xunto con feitos casuais, o levaron a ser o que hoxe é. Na súa visita a Celanova Touriñán recoñecía que «hai que ser moi serios para facer comedia, é preciso que o que se conta sexa de verdade».