Ourense revivirá o domingo a tradición festiva dos Maios

La Voz

OURENSE CIUDAD

Un dos maios da festa do pasado ano
Un dos maios da festa do pasado ano Santi M. Amil

As actividades comezarán as once da mañá e á tarde haberá un concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre

30 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 4 • A partir das 11.00 horas • Rúas do centro da cidade • Ourense revivirá este domingo, día 4, a tradicional festa dos Maios. Unha celebración que comezará ás 11.00 horas e que terá a súa cita de clausura no concerto que Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre ofrecerán ás 19.30 horas na praza Maior da cidade.

A media mañá, ás once, comezará a exposición dos maios participantes na rúa do Paseo. Mesma hora á que está previsto o inicio do obradoiro de confección de coroas e peiteados —xunto á escultura da Leiteira—. Media hora despois chegará a ruada de cabezudos e xigantes. A música tradicional percorrerá Paseo, San Lázaro, San Domingos, Praza do Ferro, rúas da Paz e das Tendas e praza Maior. A partir das 12.00 horas será o canto das coplas diante do xurado. Xa pola tarde, ás 19.00 horas, será a entrega dos premios nas dúas modalidades: maios e coplas. E logo actuarán Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.

As categorías a concurso serán as de Maio artístico, Enxebre e Creativo —no caso dos adultos— e a de Maio Infantil —menores de 18 anos, colexios, Anpas e demais—. No caso das coplas dúas son as categorías a concurso: a dirixida aos adultos e a infantil. O Concello de Ourense contempla unha axuda de 400 euros para todos os maios que participen.