
O director xeral de Comercio celebra a iniciativa, organizada con motivo dos Días Europeos da Artesanía
07 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Amodo Tenda, na rúa de Santo Domingo da capital ourensá, abriu as súas portas como un espazo efémero de venda de produtos artesanais durante a campaña de Nadal, promovido e xestionado polos propios artesáns, pero a iniciativa tivo continuidade. O establecemento reabriu o día 15 de xaneiro co obxectivo de converterse nunha tenda permanente na que teñen cabida tamén os obradoiros, as demostracións ou as demostracións de produto.
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse este venres alí para visitar as actividades de divulgación de oficios artesanais que están a organizar ao longo desta semana para conmemorar os Días Europeos da Artesanía, e que contan co apoio da Xunta. En concreto, nesta celebrouse un obradoiro de iniciación á ourivaría a cargo de Acivro Xoias e mañá está previsto realizar outro de pintura folk a cargo de Marica da Berza.