
A Facultade de Educación e Traballo Social organizou un obradoiro sobre voz, canto e poesía popular oral galega
24 feb 2025 . Actualizado a las 14:42 h.A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense organizou unha actividade titulada De Rosalía ás cantareiras: as letras galegas con voz de muller que arracou cunha benvida a cargo de Isabel Mociño, decana da Facultade de Educación e Traballo Social, que lembrou a Rosalía de Castro como unha muller referente nun contexto literario global no que «case sempre os referentes son masculinos», dixo. Puxo en valor o o legad dunha figura «que pensou no seu pobo desde unha perspectiva crítica, de reivindicación, de querer mudar as cousas», dixo. A programación continuou coa lectura do manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que foi redactado nesta ocasión por Marga do Val e ao que deu lectura a docente Mercedes González. De seguido tivo lugar a actividade principa:un obradoiro de voz titulado Canto e emocións: poesía popular oral galega, a cargo da profesora do centro Lucía Casal. Nel afondou de xeito especial na relación entre a voz e o canto e a xestión emocional.