Os premios Rebulir recoñecen o papel da emigración para espallar a cultura galega
OURENSE CIUDAD

O festival premiou este ano ao grupo musical Treixadura, á actriz Isabel Risco e á Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras
23 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A decimonovena edición do Festival Rebulir converteu esta fin de semana a Ramirás no epicentro da cultura galega de raíz. Media dúcia de agrupacións participaron na cita na que también se entregaron os premios que, dende o 2012, simbolizan o recoñecemento a persoas ou colectivos que contribuíron á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións. A cita, que este ano foi guiada por Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, ensalzou nesta ocasión ao grupo Treixadura como símbolo da identidade e folclore galego na categoría de musica; a actirz Isabel Risco, na de artes escénicas, e tamén entregou o Premio Homenaxe Rebulir á Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegos.

A maiores, nesta ocasión deuse unha mención honorífica colectiva a representantes da emigración galega en Cataluña, polo seu esforzo en manter e promover a cultura galega no exterior. Un galardón que entregou o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, que participou no acto acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén e pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses.
Baixo o lema desta edición, adicada á muller rural, o festival quixo render homenaxe ao papel undamental das mulleres como piares da sociedade rural galega. Este enfoque estivo presente ao longo de toda a programación, que incluía paneis, obradoiros e actividades centradas en destacar a súa contribución na preservación das tradicións e a dinamización das comunidades. “As mulleres, das aldeas e vilas de Galicia, son o motor silencioso que sostén as nosas raíces, as nosas tradicións e o futuro dos nosos pobos. O seu traballo, moitas veces invisible, é o alicerce dunha Galicia que respira cultura, esforzo e esperanza. A súa forza é inspiración e o seu legado merece ser recoñecido, valorado e posto no centro da nosa memoria colectiva» dixo o director artístico do Festival Internacional Rebulir na apertura da gala.

Sotelino destacou que esa edición da cita supón «un salto cuantitativo e cualitativo» respecto a anos anteriores. Con máis dun día adicional de programación e un récord de participantes, a organización valora que o festival consolidouse como un dos grandes eventos culturais de Galicia. Exito que quedou patente no cheo absoluto do aforo e nas máis de 200 persoas en lista de espera para asistir á gala central.