O avogado e escritor ourensán Xosé Manuel Pacho presenta a novela social «O que non ten prezo»
OURENSE CIUDAD

A obra estará dispoñible nas librarías esta semana
19 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Esta semana chegá ás librarías a última novela de Xosé M. Pacho, «O que non ten prezo», que conta unha historia que reflexa as miserias da sociedade actual. O autor pescuda a esencia do ser humano, transitando por todos os lugares imaxinables, desde Galicia ata India para entender o que nos une realmente. No mundo no que se agochan personaxes que son felices ou cobizan o amor, o sexo ou a beleza.
Pacho Blanco (Ourense, 1974) gañou o Premio Torrente Ballester con «A choiva do mundo» e o Premio Rafael Dieste coa obra «Teatro ou xeitos de cargar un arma», e o quinto premio do Diario Cultural con «Paraísos». Nesta novela social, publicada na colección Literia de Galaxia, o autor ourensán, doutor en Dereito, avogado e profesor universitario volve á creación.