O vilán de Dragon Ball participa nunha xornada sobre videoxogos en galego e arqueoloxía no campus de Ourense

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

Dragon Ball
Dragon Ball -

O actor de dobraxe Gonzalo Failde, que da voz a Freezer, participa no programa de actividades «Voute preservar, miñoca!

01 feb 2024 . Actualizado a las 22:37 h.

Hoxe • Salón de graos do edificio de Ferro (campus de Ourense) • de 10.30 a 20.30 horas • O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (GEAAT), vinculado á Facultade de Historia do campus ourensán, xunto coa Área de Normalización Lingüística prepararon unha xornada na que se unen a arqueoloxía e os videoxogos en galego. O programa, bautizado co título «Voute preservar, miñoca!» oferta media ducia de actividades nas que se inclúen encontros didácticos, unha zona de videoxogos clásicos en galego, campionatos e xogos para familias, hackaton educativo, adestramento de deportes dixitais e unha charla de Gonzalo Faílde (as 18.30 horas), o actor ourensán de dobraxe que presta a súa voz a Freezer, da serie «Dragon Ball» para a TVG. As actividades están abertas á participación de persoas de tódalas idades e servirán de marco á clausura da exposición «Arqueoloxía dixital galega».