Diario de campaña: Rueda e Formoso pasan revista aos seus candidatos en Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

Rueda participou nun almorzo con empresarios xunto a Cabezas.
Rueda participou nun almorzo con empresarios xunto a Cabezas. ANGELG

Os líderes do PPdeG e do PSdeG estiveron na provincia e criticaron os «escándalos» de Jácome

17 may 2023 . Actualizado a las 09:10 h.

A campaña colle velocidade de cruceiro na provincia de Ourense coa implicación dos máximos dirixentes a nivel autonómico do PP e do PSOE. O presidente dos populares galegos tivo unha xornada maratoniana, con diversos actos na área metropolitana, e o secretario xeral dos socialistas estivo en Xinzo, aínda que desde alí aproveitou tamén para falar sobre a capital ourensá.

Alí, na cidade, é onde empezou o día, as nove da mañá, Alfonso Rueda. O titular da Xunta acompañou ao candidato do PP á alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas, nun almorzo con empresarios. «A cidade de Ourense está necesitada dun alcalde que tome máis decisións e provoque menos escándalos, que xestione con menos ruído e máis eficacia, e que ofreza a estabilidade que vén do sentidiño», dixo o líder do PPdeG, que tamén estivo en Barbadás xunto á cabeza de lista, Chelo Vispo, nun paseo pola Valenzá, e en San Cibrao nun mitin coa aspirante popular, Marta Nóvoa, xa a última hora da tarde.

Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, estivo en Xinzo, aínda que desde alí falou tamén sobre a campaña da capital ourensá. Na súa intervención ante os medios de comunicación chamou á mobilización do electorado e falou dos audios que acurralan ao actual alcalde, Gonzalo Pérez Jácome. «Non debe ser só unha cuestión da xustiza, non deixemos en mans da Fiscalía o que é responsabilidade da cidadanía», dixo González Formoso, que na capital da Limia deu o seu apoio á xestión da alcaldesa socialista, Elvira Lama, «unha mostra de que alá onde goberna o PSOE é capaz de transformar a realidade urbana e mellorar a calidade de vida das persoas». Tamén en Xinzo houbo novidades coa candidatura de AXIL, encabezada por Amador Díaz Penín, que presentou os seus dez compromisos coa cidadanía, que se desenvolverán en 35 medidas. Entre outras, destaca a aplicación de axudas ao aluguer e á natalidade para incrementar a poboación da localidade.

Formoso, con Elvira Lama en Xinzo.
Formoso, con Elvira Lama en Xinzo.

En canto ao calendario para os próximos días, a candidata do BNG de Leiro, Rebeca Paz, presentará o seu programa o venres ás 20.30 na praza do Cruceiro e a de Ribadavia, Maite Rodríguez, falará sobre o seu proxecto o domingo ás oito da tarde na praza da Madalena.

Por outra parte, o vicepresidente de Castela e León, Juan García-Gallardo, tamén pasou onte pola provincia. No seu caso, participou nin mitin en apoio ao candidato de VOX na capital ourensá, o exdirixente do PP José Fermín Troncoso. Ademais, Ciudadanos denunciou que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, lles ordenou retirar a súa carpa electoral da Rúa do Paseo. O coordinador do partido laranxa en Ourense, Ricardo Pérez, explicou que tanto Ciudadadanos como Democracia Ourensana habían pedido permiso para instalarse en ese mismo lugar y las solicitudes aún no estaban resueltas.

Recibe cada tarde en tu correo la newsletter Elecciones 28M con el adelanto en exclusiva de la encuesta de Sondaxe para La Voz y el resumen diario de la campaña en Galicia. Si todavía no eres suscriptor, suscríbete por solo 2€/mes.