Piden un Día das Letras Galegas para o poeta de Barbadás Alberto García Ferreiro
OURENSE CIUDAD
Unha asociación cultural de Sobrado do Bispo organiza un concerto poético-musical como arranque da campaña para lograr a designación
13 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.O 12 de marzo é a data elexida pola asociación cultural Porta da Cadea, de Sobrado do Bispo, no concello ourensán de Barbadás, para iniciar unha campaña encamiñada a lograr que o poeta Alberto García Ferreiro, natural desta localidade, sexa o protagonista dun Día das Letras Galegas. A cita será ó mediodía e contará coa participación do Círculo Poético, a coral Voces e Cordas e a banda de música e gaita de Sobrado. Durante o acto interpretaranse varias pezas preparadas con poemas de García Ferreiro ós que puxeron música tres compositores: José López Cid, director da banda de música Maestro Lupi de Benavente; Xosé Manuel Xil Páxaro, responsable da Escola de Música Municipal de Barbadás e Xoán Antón Vázquez Casas, organista da capela do Santo Cristo da catedral de Ourense. Ademais, Justo Calviño e Juan Carlos Forneiro encargaranse de resumir a obra e a vida do autor nunha xornada na que tamén haberá unha exposición coas súas publicacións. O Concello de Barbadás e a Deputación de Ourense xa comprometeron a súa colaboración nesta iniciativa que busca rescatar do esquecemento a este autor ourensán que, tal e como reconoñecen no propio colectivo cultural, é un gran descoñecido.
García Ferreiro naceu o 11 de marzo de 1860. A súa nai era de Sobrado do Bispo e pertencía a unha familia acomodada, con propiedades importantes, incluidas viñas, nesta localidade. O seu pai era un empresario de Valladolid que ocupou en varias ocasións escano como deputado. Alberto estudou Dereito en Santiago e exerceu na cidade de Ourense, aínda que compaxinou sempre esa profesión coa produción literaria e o xornalismo. De feito fundou e dirixiu varias publicacións. La Semana, La Defensa de Galicia o La Pluma foron algunas delas, ademais de colaborar con outras como O Tío Marcos da Portela. También entrou en política. Organizou a sección ourensá da Asociación Regionalista Gallega, que se fundara en 1890. Foi un gran defensor de Concepción Arenal e, según contan desde o colectivo cultural Porta da Cadea, promoveu o monumento que se dedica á súa figura na cidade de As Burgas. Faleceu novo, con só 42 anos en Santiago, tras unha longa enfermidade, pero deixou publicados varios poemarios e incluso unha obra de teatro titulada Luchar por la patria, que foi representada no Teatro Principal de Santiago.