Maternidade, homofobia e feminismo nos premios do FITO

La Voz

OURENSE CIUDAD

Alberte Bello estará en el FITO con una propuesta sobre los ataques al colectivo LGTBIQ+
Alberte Bello estará en el FITO con una propuesta sobre los ataques al colectivo LGTBIQ+ XOAN CARLOS GIL

Cinco propostas aspiran ao galardón da convocatoria «67 Graos Ourense Fervescénica»

15 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Festival Internacional de Teatro de Ourense, FITO, conta cun apartado dirixido aos novos proxectos e creadores. A convocatoria «67 Graos Ourense Fervescénica» ten como obxectivo facer unha escolla entre as pezas recibidas e as seleccionadas optarán a un premio de 500 euros e bolsas de axuda de 250 euros para a montaxe. O día 18, ás 20.00 horas, representaranse as montaxes no Teatro Principal e o público decidirá o premio. A resolución da organización do FITO inclúe cinco propostas que se centran en aspectos como a maternidade, a homofobia e os ataques ao colectivo LGTBIQ+, a reivindicación das mulleres esquecidas pola historia ou o paso do tempo. En «Primavera», Ana Abad de Larriva realiza unha proposta performativa que mestura teatro físico, danza, poesía e música. Todo iso creado a partires do concepto oriental do wabi sabi e as imaxes da natureza.

Ainhoa Linza é autora dunha proposta de danza, coa maternidade como fondo, na que conviven as súas dúas identidades culturais: a galega e a andaluza. «Su-Misión» xunta flamenco con música e danza gallega. Mónica Sueiro regresa a Ourense con «Subterránea», montaxe centrado en reivindicar e visibilizar a figura de moitas artistas que foron silenciadas ao longo da historia.

«Menú do día», do Colectivo Chamizo, percorre da man de Alberte Bello o corredor da vergoña e pon o foco na violencia continuada contra o colectivo LGTBIQ+. Amanda Von Blanck achegará ao público o seu monólogo sobre a percepción do tempo.