Ensino: «Consulten cos docentes que somos os que sabemos»

OURENSE CIUDAD

Paco Paredes | EFE

26 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A supresión dos exames de setembro

É certo que bastantes alumnos chegaban ás probas de setembro peor ou igual ca en xuño, pero tamén o é que algúns aproveitaban o verán para traballar as materias, co que non só as aprobaban, senón que tamén iniciaban o curso cun nivel que o faría máis doado. Agora, en quince días han de facer o que non quixeron ou puideron facer en nove meses, cansos ao estaren no tramo final (por pouco que fixesen) e coa atención do profesor repartida entre eles e os que aprobaron que, malia iso, coma se fose un castigo, teñen que seguir vindo ás clases e, no caso dos de bacharelato, coa nota xa posta e inamovible. Que alguén mo explique, porque non o entendo. Non creo nos milagres. Recuperar materias en 15 días é pouco máis ca un, da mesma maneira que nós, profesores, somos simples mortais, non feiticeiros. Beneficia entón os profesores? Non.

Só sei que ao longo da miña traxectoria profesional pasei por unha morea de reformas que, sen dar tempo a que callen, son substituídas por outras. Porén, o ensino vai de mal en peor, porque o que se fai son apaños ou cambios que non son relevantes, pero nunca se abordan os problemas de fondo. E cales son, preguntarán? Pois que consulten con nós, que somos os que sabemos, porque a min nunca en 33 anos, nin aos meus compañeiros, nolo preguntaron. Decisións tomadas desde un Gabinete por xente que ten moi pouca idea, pero que cre tela toda. E así nos vai e nos irá. Concepción Fernández Vázquez. Ourense.

 Consumismo 

Tenemos que repensar el concepto de lo ecológico y sostenible a nivel individual y colectivo. Reconsiderar el daño que el ser humano hace al planeta, las leyes vigentes y el exceso de consumo de productos, así como de la injusta distribución de los recursos. Reexaminar el control y la posible manipulación de los grupos de poder económicos en contra en parte de los derechos fundamentales tales como la libertad, la dignidad o el vivir en comunión con la naturaleza.