Son trans

Siro
Siro PUNTADAS SEN FÍO

OURENSE CIUDAD

Siro

09 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O pasado sábado este xornal publicaba un artigo de Cristina Palacios, presidenta de Arelas (Asociación de Familias de Menores Trans), titulado «Teño unha filla trans», que me pareceu a lección máis intelixente que pode impartirse para facérmonos entender o drama terrible dos menores que habitan un corpo que non sinten seu. Esta nai empezaba expresando algunhas obviedades necesarias para centrar o tema: «A miña filla é trans e, do mesmo xeito que podería non selo, éo. Non o elixiu, pero éo. Se volvese nacer non querería selo. Ninguén quere para si o cuestionamento, rexeitamento, discriminacións e todo tipo de violencias».

Claro que ninguén quere ser trans e sufrir o vía crucis imposto por unha sociedade intolerante. Diso fala tamén Cristina, pero remata ilusionada: «E todo pagou a pena. Porque poder ser ti, vivir libremente a túa identidade, compensa». E con prudencia e rigor engade: «Polo menos a maioría das veces».

Eu coidaba que un artigo así sería aplaudido por todos os lectores, pero nos comentarios da Voz dixital abondan os que o rexeitan co argumento de que os nenos non teñen clara a súa sexualidade. Home, eu tívena clarísima, que con sete anos xa namorara de varias nenas e de actrices como Ivonne de Carlo e Esther Williams; e non me atraía ningún varón por guapo que fose. E xa contei do neno de cinco que oíndo falar aos pais das revistas de despelote, dixo alporizado: «Si, esas tías con esas tetas e esas cachas!». Botou a maíña á cabeza e engadiu: «Véxoas e non sei que me pasa».