O 2022 será o Ano cultural na honra da UPO no Liceo de Ourense

La Voz

OURENSE CIUDAD

xmr

Conferencias, roteiros e obradoiros, entre as iniciativas a desenvolver

13 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Liceo e a plataforma cidadá Non ao peche da UPO (Universidade Popular de Ourense) asinaron un convenio de colaboración polo cal na entidade o 2022 será o Ano cultural na honra da UPO. Liceo e plataforma organizarán actividades conxuntas e entre as mesmas están as que se avanzaron onte: un ciclo de conferencias, roteiros e seminarios. O programa de charlas terá carácter mensual e estarán a cargo de recoñecidos profesionais. Nas mesmas abordaranse materias como a saúde, o medio ambiente, xeoloxía, ecoloxía, arte, literatura, historia, música, teatro, cine, gastronomía, arquitectura ou fotografía, entre outros aspectos. A primeira das conferencias será o día 10 de febreiro: correrá a cargo de Jesús García Mata, de Oncoloxía do CHUO, e levará por título «Hábitos de vida saudable: unha estratexia de éxito na loita contra o cancro no século XXI». Comezará ás 20.15 horas. Os roteiros interpretativos mergullaranse na historia e no medio natural de Ourense e os seminarios correrán a cargo do profesorado da UPO.