O último premio Risco, «Lousas», xa pode atoparse en librerías

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

Xosé Manuel Marcos presentou a obra no Concello de Ourense

17 nov 2021 . Actualizado a las 16:02 h.

A obra Lousas de Xosé Manuel Marcos, que resultou merecedora do premio Risco de Creación Literaria na súa última edición, xa está publicada. O libro, do que o xurado destacou a súa narrativa eficaz e a súa estrutura, está editado por Albeiros e pode atoparse en librarías. Presentouse este martes no Concello de Ourense, nun acto no que estivo presente o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome. O galardón, que otorgan a Fundación Risco e o Concello ourensán, é de 6.000 euros e máis a publicación do texto gañador. 

Mónica R. Valencia, que actuou como secretaria do xurado de esta edición, foi a encargada de ler os motivos polos que se tomou a decisión de premiar esta obra de entre as dez presentadas a concurso. «A historia que conta, que á vez son moitas historias, fálanos de algo próximo, recoñecible, e lévanos a pensar sobre as condutas humanas e os intereses que as moven». O autor, Xesús Manuel Marcos, confesou que o relato xorde dunha vivencia persoal e que amosa moitos dilemas. «O de quedar no sitio para loitar ou abandonar e marchar; o espolio dos recursos naturais; a busca da esencia; a loita entre os ideais e a realidade política...», explicaba o esc« Nas súas propias palabras, Lousas «é unha busca da nosa propia esencia».