Emerxencia Cultural celebra as xornadas «Pe(n)sar a(s) cultura(s)»

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

Áurea Soto
Áurea Soto MIGUEL VILLAR

Haberá actividades por varios espazos da cidade durante a fin de semana

25 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O colectivo Emerxencia Cultural Ourense celebra durante a fin de semana varias actividades no marco do proxecto Pe(n)sar a(s) cultura(s). Desenvolveranse hoxe e mañá en diferentes espazos da cidade.

Este sábado, ás 10.00 horas, comezará no Estanque dos Patos do Campus un encontro no que participarán Arturo Casas, Cristina Martínez Tejero e Isaac Lourido. Ás 13.00 horas, na Praza de San Marcíal, presentarase o libro de Amador Fernández-Savater sobre o 15M e despois actuará O Leo. No mesmo escenario, ás 17.30 e 19.00 horas, haberá micro aberto e actuación de Os Amigos do Sonoro e Burgas Beat. O domingo ás 11.00 horas, en Santa María Nai, poderase asistir ao debate Traducir o urbanismo. Ás 13.30 horas, en Pena Vixía, estará Menina Arroutada e ás 18.00 horas actuará o grupo Las Cruzes.