Miguel Anxo Fernández: «Un festival ten que ser a festa cultural para toda a cidade de Ourense»

Fina Ulloa
fina Ulloa OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

Miguel Anxo Fernández, director artístico do OUFF
Miguel Anxo Fernández, director artístico do OUFF Santi M. Amil

Máis de setenta títulos, dez deles estreas mundiais, poderanse ver nos próximos días na 26 edición do OUFF

24 sep 2021 . Actualizado a las 18:48 h.

Hoxe arranca a 26 edición do Ourense Film Festival (OUFF) coa gala de apertura que dará o pistoletazo de saída a nove días de proxeccións, combinadas cun amplo abano de actividades paralelas. Para Miguel Anxo Fernández, é a cuarta edición na que asume a dirección artística.

-Subiuse a este tren coa presión da ameaza da desaparición do festival. ¿Tense arrepentido?

-A nivel persoal, o OUFF é o proxecto máis complexo ó que me enfrontei. Trátase de un festival na terceira cidade de Galicia. Pero sempre insisto nun elemento fundamental: non hai un director de festival, iso é unha falacia. O que hai sempre é un equipo, e afortunadamente logramos facer un moi bo equipo. Estou satisfeito porque se traballa con total liberdade, que é o que me pediron que fixera.

-¿Esta edición 26 vai lograr ser o que esperaban?

-Desta edición empezouse a falar a finais de novembro; daquela non había nin vacinas e estabamos preocupados por si se repetía o do 2020. Hai que lembrar que a do ano pasado foi unha edición heroica. Non digo que foramos nós uns heroes por facelo: foi heroica en xeral. Puidemos suspender, como fixeron moitos; puidémolo facer telemático, pero decidimos que non. Agora as condicións mudaron, xa podemos chegar ao 75 % de aforo e hai que traballar para que na edición de 2022 queden postos os alicerces do que debe ser o futuro do festival. Nese ano será no que de verdade o público vai ser libre para desfrutar dos espectáculos.

-Vai a ser unha edición para os moi cinéfilos?

-Pretendemos que o festival xere interese nun campo máis amplo. Na sociedade dunha cidade hai un espectro amplísimo demograficamente, culturalmente, e socialmente, e é importante chegar a todos; dende ó cinéfilo máis exixente a outros que aproveitan outros aspectos como as actividades paralelas, dende as exposicións ós concertos; incluso as galas, a propia festa do cine. Teño claro que un festival para a cinefilia máis esixente, entre a que me considero, non é atinado. Un festival ten que ser, sobre todo, unha festa cultural, para a cidade, para que os ourensáns o sintan como algo propio

-¿Cales son as claves do futuro?

-Neste 2021 xa anticipamos cousas, como é potenciar o carácter internacional, por iso trinta das setenta películas teñen produción ou coprodución galega. O festival de Ourense ten que ser a ponte de saída do audiovisual galego cara ós mercados internacionais. E tamén é importante seguir traballando co Ouff Escola, ou o taller de documentais, ou o Fas Muvis, porque hai que formar xeracións de espectadores coñecedores das ferramentas audiovisuais.

-¿Ate que punto as visicitudes que viviu este festival retrasaron que ocupe o lugar que lle correspnde no panorama nacional?

-No meu entender o problema deste festival foron os excesivos cambios que houbo na súa traxectoria; tanto de directores como de proxecto. Eso cecáis influya moito en non ter unha linea marcada definida. Si repasas a historia de outros, como o de San Sebastián, ou o de Valladolid, os seus directores cubren moitas etapas e se consolidan. Eu estou de paso, e deso estou convencido; pero sí que se poden construir alicerces nos que os equipos que veñan detrás podan seguir traballando para seguir adiante.

-¿Como se reparte a estructura desta edición?

-Este ano metemos dez seccíóns, incluidas a oficial e a de curtametraxes. E nelas vanse ver 71 producións de longametraxe, curtametraxe, ficción e documentais de case unha treintena de países. Dezaseis desas obras son estreas a distintos niveis, e dez se verán por primeira vez a nivel mundial. Dentro das actividades paralelas gústame destacar dúas exposición propias, creadas para o Ouff, como a de Rodamos en Ourense, que recopila películas rodadas ou vencelladas á provincia durante case un século, e nas que rescatamos decorados, guións, vestiario, pezas de atrezos..., e outra que titulamos Benvido Míster Berlanga. que se vai montar na Alameda de Ourense e na que varios fotoxornalistas, entre eles, os de La Voz de Galicia, aportan fotografías de cando Berlanga estivo en ourense no 2005 para recoller o último premio que recibiu persoalmente en vida. É a nosa aportación ao centenario Berlanga. Teremos tamén publicacións propias, unha monografía do compositor galego, Serxio Moure, e outra que se chamará «Filmado en Ourense», que recolle en 120 páxinas se van a a recoller todas as rodaxes históricas de longametraxes que se fixeron en Ourense.