Emerxencia cultural Ourense: eu emerxo, ti emerxes, nós emerxemos

Olga Brañas FIRMA INVITADA

OURENSE CIUDAD

Un dos actos de Emerencia Cultural Ourense
Un dos actos de Emerencia Cultural Ourense

13 jun 2021 . Actualizado a las 23:46 h.

Cando cheguei de volta a Ourense, despois de moitos anos en Compostela -cidade cultural por antonomasia-, atopei un panorama que en pouco tempo se tornou desolador.

Os poderes públicos non queren cultura. Nin potenciar a local nin contratar a de fóra. Nin a música nin a fotografía. Nin a danza nin o teatro. Nin a pintura nin a banda deseñada nin a Universidade Popular. Nin a profesional nin a de base. Nada de nada.

Fun vendo como os técnicos que traballaban na urbe perdían o seu sustento. Tamén vin como se ían perdendo as tradicións, como a programación das letras galegas ou as propias festas do Corpus. Neste pequeno e caloroso val chamado Ourense, a cultura non importa para os nosos particulares ditadores. Eses mesmos dirixentes que cren que a cidadanía somos monicreques ao servizo dos seus antollos. Como se da época medieval se tratase, parece que as vasalas lles temos que dar as grazas por existir neste sistema feudal.